Monday 29 de April de 2024

Vimianzo volve mañá á actividade administrativa presencial nas oficinas municipais


Instaláronse todas as medidas de seguridade, ademais de dispoñer de produtos que garantan as condicións hixiénicas en todo momento.

O Concello de Vimianzo volve mañá á actividade administrativa presencial nas oficinas municipais. Instaláronse todas as medidas de seguridade, ademais de dispoñer de produtos que garantan as condicións hixiénicas en todo momento.
As dependencias municipais estarán abertas previa cita en horario de 9:00 a 14:00 horas. Poderán solicitala nas liñas de teléfono 981 71 60 01, 981 70 74 26 ou na páxina web do Concello de Vimianzo.
Para realizar tramitación no Rexistro Municipal non é necesaria concertar cita previa. Prégase en todo momento que , quen acoda de maneira presencial, adopte todo tipo de medidas establecidas para garantir a seguridade. Recoméndase que sigan realizando, en todo caso, as solicitudes e consultas telematicamente a través dos cauces convencionais, como a sede electrónica e o enderezo electrónico
correo@vimianzo.gal .